O fondo suízo Parter Capital merca Alcoa

1 minutes read

Alcoa non se pecha. A ministra Reyes Maroto posou coa camiseta reivindicativa dos traballadores na presentación do acordo de compra venda das plantas de Alcoa na Coruña e Avilés. O fondo suízo Parter Capital presentou as garantías económicas e mercou as dúas fábricas. É un logro das administracións central e autonómicas, das empresas e dos traballadores, dixo a ministra, un día para a satisfacción e a esperanza. Os traballadores están contentos pero seguirán vixiantes. O compromiso do fondo suizo só garante o emprego dous anos.”Currámolo, pero a partir de agora toca traballar. Esixir que se cumpran os compromisos e vixiar todo o proceso para que non volva pasar o que pasou con Alcoa”, aseguraba López Corbacho, o presidente do comité de empresa de Alcoa na Coruña.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?