O Fórum Carballo implanta un sistema de xestión de calidade da formación que se imparte nas súas instalacións

1 minutes read

Dende a Concellaría de Innovación, Formación e Emprego apostan por unha formación de calidade, tanto na execución dos certificados de profesionalidade coma nos obradoiros que se desenvolven nas instalacións do Centro Municipal de Formación – Fórum Carballo.

Como consecuencia dese compromiso veñen de implantar un sistema de xestión de calidade que nos permite dar unha resposta axeitada á demanda do alumnado, así coma de calquera outro sector (Administracións, traballadores/as, provedores/as…).

O obxectivo deste novo sistema é coñecer as inquedanzas de todas as persoas que participan nas accións formativas que se desenvolven no Fórum Carballo e ofrecer unha resposta axeitada que nos permita mellorar de xeito continuo na prestación do servizo mediante o cumprimento dos seguintes criterios:

  • O establecemento de obxectivos de mellora
  • O cumprimento dos requisitos de aplicación
  • O seguimento e a medición de datos
  • A análise da satisfacción do noso alumnado
  • A resposta ás expectativas e necesidades das partes interesadas.

Dende o Fórum Carballo fan público o seu compromiso coa calidade.