O funcionariado en servizos mínimos pola celebración de Santa Rita, a súa patroa

0 minutes read

Este luns 22 de maio celébrase a festividade de Santa Rita, patroa do funcionariado, polo que, agás os servizos de prestación obrigatoria, como son seguridade e emerxencias ou atención á dependencia, o resto funcionarán en réxime de servizos mínimos. Na casa do concello de Carballo prestarase atención ao público no horario habitual tanto no rexistro coma no padrón de habitantes. Tamén estarán abertas as instalacións deportivas, bibliotecas e edificios periféricos (agás o de Servizos Sociais), estes últimos con funcionamento reducido.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?