Nacións Unidas destinou un millón de dolares para sufocar a emerxencia e enviar comida, auga ou medicinas ao porto de Nassau, a capital das Bahamas. De categoría 5, a máis alta na escala Saffir-Simpson, o furacán baixou a nivel 2 para logo ascender de novo ao tres, aínda que este xoves volveu a situarse no nivel 2. Os servizos de emerxencia alertan ante a probabilidade de que, unha vez en chan estadounidense, Dorian provoque fortes inundacións e arrase todo o que atope no seu camiño.