O futbolista do Bergantiños Yelco Alfaya (22 anos) deu positivo na proba do coronavirus, así o fixo saber en primeira persoa na súa conta de Instagram. Agora mesmo atópase pasando a corentena na súa casa familiar de Cangas. «Quizais non debería facer isto pero antes de que siga voando a noticia prefiro confirmala eu. Dei positivo en Covid-19. Estou na casa practicamente asintomático e atópome perfectamente ben», sinalou na súa conta de Instagram o primeiro futbolista galego en dar positivo de coronavirus.
O futbolista do Bergantiños Yelco Alfaya, positivo en Covid-19
Foto.- tvg