O futuro do Pazo de Meirás resolverase nos tribunais

Pazo de Meirás

O Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña acollerá a audiencia previa ao xuízo sobre este inmoble, que nos últimos anos protagonizou unha infinidade de reclamacións desde Galicia para que volva ser integrado nos bens do Estado, fronte á teoría da familia Franco de que o pazo foi unha doazón do pobo galego ao ditador. A Xunta de Galicia e os Concellos de Sada e A Coruña comparecerán como parte neste proceso, no que tamén solicitou a súa incorporación a Deputación da Coruña. A Avogacía do Estado presentou o pasado mes de xullo unha demanda contra os herdeiros de Franco pola propiedade do pazo, na que sostén que a compra deste inmoble por parte do ditador en 1941 foi “simulada” e “fraudulenta”.