40
O pacto pretende adaptar o sistema fiscal global á «era dixital» obrigando aos xigantes tecnolóxicos multinacionais a facer a súa contribución. É un pacto «histórico» en palabras de Rishi Sunak, ministro de economía británico e anfitrión do cume dos países máis ricos do mundo. Ata o de agora moitas destas grandes empresas practicaban o chamado dumping fiscal, o desprazamento dos seus beneficios empresariais a territorios con vantaxes fiscais contribuíndo á desigualdade e a unha maior caída da recadación do imposto sobre sociedades.