Os dirixentes do G20 aprobaron este sábado un imposto mínimo mundial para as multinacionais. Os beneficios destas grandes empresas estarán gravados con polo menos o 15%. No cume de Roma tamén se tratou este sábado sobre cambio climático e COVID – 19. Pediuse a doazón de máis vacúas para os países con menores ingresos. «Estamos preto de cumprir o obxectivo da OMS de vacinar ao 40% da poboación mundial para finais de 2021. Agora debemos facer todo o posible para alcanzar o 70% a mediados de 2022”, explicaba o primeiro ministro italiano Mario Draghi.
Xi Jinping e Vladimir Putin pediron o sábado no cume do G20 o recoñecemento das súas vacinas dispoñibles contra a Covid-19. Os presidentes chinés e ruso son os dous grandes ausentes do cume do G20. Os seus discursos foron transmitidos por videoconferencia. As cousas parecen máis complicadas na fronte de guerra contra o cambio climático, onde moitos piden compromisos máis firmes antes da apertura da COP 26 este domingo en Glasgow, á que asistirán máis de cen dirixentes mundiais.