29
Os ministros de Enerxía e Medio dos países do G7 comprometéronse este domingo no Xapón a acelerar o abandono dos combustibles fósiis, pero sen acordar un novo calendario para a súa aplicación. Os profundos desacordos entre os aliados sobre como poñer en marcha a eliminación do uso das enerxías contaminantes serán discutidos en maio na próxima reunión do grupo en Hiroshima. A ministra francesa de Transición Enerxética, Agnes Pannier-Runacher, afirmou que o texto de «eliminación progresiva» supoñía, con todo, un «gran paso adiante» para os cumes do G20 e a COP28. Na declaración conxunta, os ministros do G7 subliñaron a necesidade de reducir a demanda de gas, nunha referencia directa a Rusia.