Para os ministros de Economía do G7, que mantiveron este luns unha reunión virtual, trátase dunha violación dos contratos imposta polo Kremlin, prol o que cualifican de «inaceptable» a esixencia do presidente ruso, Vladímir Putin, de que se paguen en rublos as compras de gas e petróleo realizadas a Rusia. O presidente ruso impuxo a medida aos que considera «países hostís», é dicir, todos os occidentais que sancionaron aos seus bancos. A súa esixencia é un órdago en toda regra. O secretario de prensa do Kremlin, Dmitri Peskov, ameazou con interromper a subministración se non se paga en rublos. Aceptar a esixencia de Moscova supoñería para os compradores ter que cambiar os seus euros e dólares en rublos, a un cambio favorable para o Kremlin, o que serviría para soster a divisa rusa, que sufriu unha forte depreciación, debilitando ao mesmo tempo o efecto das sancións.
35