O G7 responderá ante un ataque de Rusia con armas nucleares

O G7 advertiu de «graves consecuencias» se Rusia utiliza armas químicas, biolóxicas ou nucleares en Ucraína. Reunido de urxencia tras os bombardeos do Kremlin contra infraestruturas civís na exrepública soviética, o grupo condenou os ataques, reiterou o seu apoio económico e militar durante o tempo necesario e escoitou atentamente as palabras do presidente ucraíno Volodimyr Zelensky. O mandatario acusou a Rusia de querer arrastrar a Bielorrusia á guerra e pediu ao G7 que aumente a axuda militar e axude a despregar un escudo aéreo para protexer ao seu país dos bombardeos ordenados polo Kremlin. O G7 tamén analizou e condenou os recentes actos de sabotaxe contra as infraestruturas enerxéticas europeas. Ante o peche de filas ao redor de Kiev, Moscova advertiu de que dar armas a Ucraína só alongará o sufrimento da súa poboación.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha