O Gaiás acolleu os 21 anos de FEGATEA na promoción do teatro galego afeccionado


A Cidade da Cultura converteuse este sábado en escenario dun completo programa de actividades culturais con funcións de microteatro, clow, monicreques e pezas de animación, ademais de obradoiros de escrita e lecturas dramatizadas da man das compañías que forman parte de FEGATEA. Con esta xornada, a Xunta de Galicia quere compartir coas agrupacións teatrais que a conforman a celebración do Premio da Cultura Galega que recibiron este ano polo seu labor nas artes escénicas ao longo de dúas décadas. O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e a directora da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez, acompañaron a Chelo Pampillón, presidenta de FEGATEA, no acto central da xornada, no que participaron máis de 30 compañías de teatro amador.