O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, inaugurou no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura O Camiño Portugués. Lembranzas de mar e pedra, unha exposición composta dunha selección de 120 fotografías do século XIX ao XXI que percorren o Camiño desde O Porto a Santiago de Compostela da man de figuras consagradas e emerxentes da arte fotográfica. O acto contou ademais coa participación da comisaria da exposición, Lucía Laín, e a presenza do secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, a comisaria do Xacobeo, Cecilia Pereira, e a directora xeral do Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez Ínsua, ademais de varios dos fotógrafos presentes nesta mostra.