O Gaiás festexou o Día do libro


Celebrouse coa representación de As enxeñosas do Fidalgo, unha narración musicada para cativada da primeira tradución completa ao galego do Quixote, realizada por un equipo de lingüistas dirixido por Valentín Arias, do que formaba parte a súa filla, Xela Arias, homenaxeada coas Letras Galegas 2021.

A coñecida contadora Soledad Felloza e a Banda Municipal de Santiago de Compostela foron as encargadas de pórlle voz e música no Xardín do Teatro do Gaiás a extractos da novela máis universal de Cervantes. A narración musicada, ideada para un público familiar
-que esgotou todas as prazas, disponibles por convite- tivo como protagonistas á pastora Marcela, Tareixa Panza, Quitería ou Claudia, que viron reforzadas os seus discursos coas interpretacións musicais en directo das partituras dos compositores Ferrer Ferrán e Roberto W. Smith, por parte da Banda de Múncipal de Santiago, dirixida por Casiano Mouriño.

Tamén se puideron escoitar todas estas mulleres no galego da primeira tradución completa do Quixote, resultado dun traballo colectivo, dirixido por Valentín Arias e no que participou un equipo de lingüistas composto por el mesmo, Xela Arias, María Xesús Senín, María Xosefa S. Fernández, Xosé Antón Palacio e Xavier Senín.