O galego como recurso turístico centra este ano o curso de verán da UDC en Carballo

1 minutes read
  • O alcalde de Carballo e o reitor da Universidade da Coruña asinaron un convenio de colaboración para o desenvolvemento da actividade

Trátase da décimo quinta edición do curso de verán, organizado pola Universidade da Coruña coa colaboración do Concello de Carballo, ten como obxectivo potenciar o uso da lingua no turismo, como un valor e un recurso que xere interese en ser coñecido e valorado polo turismo. As sesións constan de conferencias, mesas redondas e obradoiros prácticos en que se analizan o por que, como, onde e cando se deixa de utilizar o galego ao entrar en contacto con xente de fóra. Haberá turistas que se poidan decantar por Galicia por ter unha lingua propia?. Esta e otras cuestións centrarán o programa do curso, a que se tratará de dar resposta. Alén disto, tamén se dedican sesións destinadas a reparar no éxito de produtos que só utilizan a lingua propia para se dar a coñecer. O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, e o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero asinaron un convenio de colaboración para o desenvolvemento deste curso de verán, en marcha dende este mércores.