Na actualidade, algo máis do 30% da poboación de Galicia fala sempre en galego, case a mesma porcentaxe (-0,63) que en 2013, segundo a Enquisa Estrutural de Fogares sobre o coñecemento e uso do galego que publicou este venres o Instituto Galego de Estatística (IGE) en referencia aos últimos datos, de 2018. O uso sempre do galego mantense mentres que aumenta un chisco (1,43 puntos) a procentaxe de poboación que fala máis galego que castelán, ao situarse no 21,72%, aínda que tamén aumenta a porcentaxe daquela que fala máis castelán que galego, ao pasar do 22,3% de 2013 ao 23,3 de 2018. Ademais, algo máis do 24% da cidadanía galega fala sempre en castelán, 1,85 puntos menos que hai cinco anos.