O GALP Costa da Morte aproba axudas superiores a 608.000 euros para 6 proxectos

2 minutes read

A Asociación Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro (Galp) Costa da Morte, en reunión de Xunta Directiva de carácter extraordinario avaliou as solicitudes de axuda presentadas á primeira convocatoria de 2023 pala la EDLP Costa da Morte financiadas co fondo FEMPA.

A Xunta Directiva, unha vez finalizado o período de alegacións, acordou aprobar 6 proxectos dos 9 presentados e propor a súa financiación á Consellería do Mar, xa que encaixaban nas liñas estratéxicas de actuación da EDLP y dispoñían da documentación completa para súa valoración.

Un dos proxectos aprobados  presenta actividade Económica e cinco son promovidos por entidades sen animo de lucre ou concellos. O importe total das inversións de todos estes proxectos supera os 780.000,00€ , sendo algo máis de 664.000,00€ gasto subvencionable e o importe das axudas propostas polo grupo supera os 608.000,00€. A porcentaxe de axuda aprobada e elevada porque os proxectos responden o interese colectivo, beneficiario colectivo ou pesca artesanal e superan o 85% de axuda.

Os proxectos aprobados son os seguintes:

PROXECTOLOCALIDADE% financiaciónImporte axuda €
AbruMar I+D+ ti By Santi Perez. Obradoiro para a Innovación e  Consumo dos Produtos do MarMUXÍA92,50%266.854,38
AtlanticHUB. Conectando aos Stakeholders da Costa da MorteAbarca varios concellos do territorio do GALP94,38%54.815,90
 MemoriaAtlántica. Preservando o Pasado Mariñeiro para Tecer o Futuro do MarMUXÍA94,00%71.087,50
 Valoración da Actividade Marisqueira na Lagoa de BaldaioCARBALLO92,50%64.916,50
 A Cultura do Mar na Costa da MortePONTECESO88,00%56.860,32
 Mirador Ría de Cereixo. Interpretación do MarVIMIANZO87,25%93.724,91

A Xunta directiva remite esta proposta provisional á Consellería do Mar, que é a administración competente para a  súa resolución definitiva.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?