A Asociación Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro (Galp) Costa da Morte, en reunión de Xunta Directiva de carácter extraordinario avaliou as solicitudes de axuda presentadas á primeira convocatoria de 2023 pala la EDLP Costa da Morte financiadas co fondo FEMPA.
A Xunta Directiva, unha vez finalizado o período de alegacións, acordou aprobar 6 proxectos dos 9 presentados e propor a súa financiación á Consellería do Mar, xa que encaixaban nas liñas estratéxicas de actuación da EDLP y dispoñían da documentación completa para súa valoración.
Un dos proxectos aprobados presenta actividade Económica e cinco son promovidos por entidades sen animo de lucre ou concellos. O importe total das inversións de todos estes proxectos supera os 780.000,00€ , sendo algo máis de 664.000,00€ gasto subvencionable e o importe das axudas propostas polo grupo supera os 608.000,00€. A porcentaxe de axuda aprobada e elevada porque os proxectos responden o interese colectivo, beneficiario colectivo ou pesca artesanal e superan o 85% de axuda.
Os proxectos aprobados son os seguintes:
| PROXECTO | LOCALIDADE | % financiación | Importe axuda € |
| AbruMar I+D+ ti By Santi Perez. Obradoiro para a Innovación e Consumo dos Produtos do Mar | MUXÍA | 92,50% | 266.854,38 |
| AtlanticHUB. Conectando aos Stakeholders da Costa da Morte | Abarca varios concellos do territorio do GALP | 94,38% | 54.815,90 |
| MemoriaAtlántica. Preservando o Pasado Mariñeiro para Tecer o Futuro do Mar | MUXÍA | 94,00% | 71.087,50 |
| Valoración da Actividade Marisqueira na Lagoa de Baldaio | CARBALLO | 92,50% | 64.916,50 |
| A Cultura do Mar na Costa da Morte | PONTECESO | 88,00% | 56.860,32 |
| Mirador Ría de Cereixo. Interpretación do Mar | VIMIANZO | 87,25% | 93.724,91 |
A Xunta directiva remite esta proposta provisional á Consellería do Mar, que é a administración competente para a súa resolución definitiva.