O GALP Costa da Morte recibe este mércores a visita dun GALP croata

2 minutes read

O GALP Costa da Morte recibe este mércores 18, a visita do GALP ISTRIAN SOLE , provenientes da rexión de Instria en Croacia.

Esta visita enmarcase no proceso da nova estratexia de desenvolvemento participativo que se vai  levar a cabo para a execución do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e Acuicultura (FEMPA) para o período 2021-2027.

Para iso desprázanse  a Galicia para coñecer o traballo de diferentes Galps, e están interesados en coñecer proxectos realizados con anterioridade polo GALP Costa da Morte, así como ideas de proxectos para o novo período 2021-2027, especialmente aqueles que relacionan a gastronomía có turismo e proxectos promovidos dende o sector pesqueiro.

A expedición a compoñen 17 persoas, entre as que figuran o presidente do grupo, a xerente, persoal do grupo, alcaldes, representantes municipais, artesáns, pescadores, cooperativas e empresas de pesca e procesado de pescado.

A xornada está prevista que se inicie ás 10 da mañá na Praia do Ariño (Camariñas) onde poderán coñecer o proxecto promovido polo concello en colaboración cas mariscadoras, e poderán intercambiar opinións cas mariscadoras, sobre  o seu oficio e a súas actividades turísticas.

A seguinte visita será en no  Museo Man de Camelle, onde poderán coñecer o museo, como se creou e a importancia do mesmo á hora de atraer turistas.

A poucos metros desta visita encontrase “O refuxio do Naufrago”, proxecto promovido por unha percebeira no que se rehabilita unha casa antiga  para dar un servizo de aloxamento e instalar un obradoiro de produtos do mar, e actuar como lugar de partida de diferentes rutas e actividades.

Acto seguido a expedición desprazarase a Muxía, onde poderán  coñecer os proxectos de “A Casa do Peixe” e “ Son de Mar” como exemplos de dous proxectos turísticos relacionados coa gastronomía.

 A xornada finalizará cá visita ás instalacións de LEMAR ELABORACIONES ARTESANAS, onde poderán apreciar o proceso de elaboración do congro seco e  o seu valor como reclamo turístico.