O GALP Costa da Morte segue traballando na súa estratexia ‘Mirando polo Mar’

1 minutes read

O GALP Costa da Morte está a traballar no proceso de participación social para a redacción da súa estratexia “Mirando polo mar” que ten como horizonte o ano 2027. Este martes realizouse en Camariñas a segunda das tres xornadas do proceso participativo, na que estiveron representados tanto o sector pesqueiro, social, público e económico que debateron as principais necesidades, propostas de actuación e ideas para enfocar a xestión dos fondos FEMPA nos próximos anos. Destacar o interese que están a espertar este proceso participativo, participando ata a data preto de cincuenta persoas nas devanditas xornadas e recibíndose máis de 100 respostas á enquisa distribuída por todo o territorio. O sistema de traballo destas xornadas permite a posta en común (en pequenos grupos) de persoas de distintos sectores, fomentando a colaboración e a proposta de ideas de forma consensuada A próxima e última xornada será este xoves 18 de agosto ás 18:00 h no Salón de Actos do Concello de Laxe. Estes encontros poderán seguirse tamén en liña, a través da plataforma Zoom. As persoas interesadas en participar poden inscribirse previamente na seguinte dirección de correo electrónico: galp.mar.costadamorte@xunta.gal, indicando o tipo de modalidade de asistencia, presencial ou en liña, ou no 981 70 73 78.