O GES de Brión auxilia a dúas persoas feridas nun accidente de tráfico na AC-451

O Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Brión recibiu este domingo un aviso do 112 dun accidente de tráfico na AC-451, entre as rotondas dos Ánxeles e de acceso á autovía, concretamente á altura da entrada/saída da urbanización Monte Balado en Brión. Un accidente que se saldou coas dúas persoas ocupantes dos vehículos feridas leves. Ata o lugar dos feitos, a menos de medio quilómetro do GES de Brión, desprazouse a Bomba Urbana Lixeira con dous integrantes do grupo de emerxencias. Tras atender ás dúas persoas feridas, procederon a retirar os vehículos da estrada e a limpar a vía, debido ao derrame de fluídos procedentes de ambos os dous vehículos. Tras a limpeza da estrada, restableceuse o tráfico rodado na zona.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha