O Goberno abaratará o prezo das máscaras

0 minutes read

Así o asegurou a voceira do Executivo tras a xuntanza do Consello de Ministros. María Jesús Montero dixo que o Goberno se dirixiu á Comisión Europea para confirmar se vai ser posible a rebaixa do IVE deste produto, e engadiu que «propuxemos que na actual directiva en tramitación para reducir o IVE das PCR se incorpore tamén» a rebaixa do imposto das máscaras. Engadiu que, se non é así, e grazas a que hai máis oferta no mercado, o abaratamento virá no prezo de venda. «Por unha fórmula ou outra», dixo, as máscaras serán máis baratas.