O Goberno abre dúas convocatorias para proxectos piloto de comunidades enerxéticas


O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) abriu dúas convocatorias de axudas para proxectos piloto de comunidades enerxéticas (programa CE IMPLEMENTA), dotadas con 40 millóns de euros, que impulsarán a innovación social e a participación cidadá en renovables, eficiencia enerxética ou mobilidade eléctrica.

Son dúas das primeiras convocatorias do Proxecto Estratéxico para a Recuperación e Transformación Económica de Enerxías Renovables, Hidróxeno Renovable e Almacenamento ( PERTE ERHA) e espérase que permitan a materialización duns 40 proxectos de enerxías renovables, mobilidade eléctrica e xestión da demanda.

O BOE publica as dúas convocatorias de axudas, cuxo prazo de presentación de solicitudes iniciarase o día 1 de febreiro e permanecerá aberto durante un mes, ata o 1 de marzo. Intégranse na compoñente 7 «Despregamento e integración de enerxías renovables» do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR) para a execución dos fondos Next Generation EU, que identifica as comunidades enerxéticas como un actor crave na transición enerxética.