O Goberno español acorda o rescate da siderúrxica Celsa Atlantic, con sede na Laracha


O Consello de Ministros deu luz verde aos últimos rescates empresariais con diñeiro público para paliar as consecuencias da covid-19. O Goberno aprobou, a través da SEPI reflotar a siderúrxica Celsa, coa súa filial Celsa Atlantic na Laracha, e tamén a outras cinco máis. En total investirá 721 millóns nestas seis empresas, que empregan de forma directa máis de 12.000 persoas. Queda pendente o rescate de Abengoa, que non foi aprobado pero tecnicamente aínda non se rexeitou.