A ministra de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana, Raquel Sánchez, afirmou, na súa reunión co Comité Nacional de Transporte por Estrada (CNTC), que o Ministerio é consciente de que o sector do transporte está a verse moi afectado polo escenario actual de incerteza derivado da invasión rusa de Ucraína e asegurou que o Goberno vai tomar medidas inmediatas e eficaces que cheguen ao sector do transporte.
A ministra afirmou que, ante unha situación excepcional hai que actuar canto antes. Por iso, tratáronse medidas como trasladar ao sector do transporte os principios que inspiran a Lei de Cadea Alimentaria e traballar para publicar con periodicidade semanal e non mensual o índice de referencia dos prezos do combustible.
Por parte do Ministerio de Interior subliñouse que as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado van seguir actuando por todo o territorio nacional para garantir o dereito ao traballo daqueles transportistas que non apoian as mobilizacións convocadas pola Plataforma, allea ao Comité.