O Goberno amplía o decreto anticrise con 9.000 M€


O Executivo rebaixa ao 5% o IVE da luz, prorroga a limitación da subida do alugueiro e a bonificación do carburante, aproba incentivos para o transporte público e unha axuda de 200 euros para as rendas baixas e eleva un 15% as pensións non contributivas.

O Goberno aprobou este sábado a prórroga do plan anticrise para dar resposta ás consecuencias da guerra en Ucraína, un conxunto de medidas que finalizaban o próximo 30 de xuño e que agora se estenden ata o 31 de decembro. Ademais da ampliación do desconto dos combustibles ou a prohibición dos despedimentos, o plan incorpora novas axudas cun custo de 9.000 millóns de euros para apoiar ás familias e empresas máis afectadas polos elevados prezos da enerxía como un cheque de 200 euros para rendas baixas, un aumento do 15 % das pensións de xubilación e viuvez non contributivas, rebaixas de ata o 50 % nos abonos de transporte estatais ou a redución do 10 % ao 5 % do IVE da luz.