O Goberno analiza a posible suba do salario mínimo

Foto.- Cedida.

O Goberno reúnese cos axentes sociais para analizar a posible suba do salario mínimo o ano que vén, como piden os sindicatos. Os empresarios opóñense e tamén hai diferenzas dentro do Executivo entre o PSOE e Podemos.

A ministra Iolanda Díaz confirma así que a postura do Executivo sobre a evolución do SMI avoga pola subida, despois de que desde o Ministerio de Traballo e a portavocía do Goberno se gardara bastante cautela neste tema ata o momento, coa premisa de que había que esperar a coñecer as posicións dos axentes sociais na mesa de diálogo.

No que si hai unidade é en prorrogar os ERTE todo o tempo que sexa necesario segundo confirmou o Ministro da Seguridade Social e tamén anunciou que van penalizar ás empresas que dean de baixa os traballadores as fins de semana ou nas vacacións para non cotizar por eles. Están estudando a fórmula concreta para facelo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha