O Goberno anuncia 20 M€ en axudas polas inundacións na conca do Ebro


A vicepresidenta e ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Teresa Ribera, viaxou a Navarra para abordar as actuacións de emerxencia tras as inundacións do pasado mes de decembro. As actuacións poñeranse en marcha desde que a retirada da auga o permita.

Tras reunirse coa presidenta da Comunidade Foral de Navarra, María Chivite, a vicepresidenta explicou que se traballa nunha primeira fase de actuacións urxentes, que ascenden a 10 millóns de euros.

A isto súmanse outros 10 millóns de euros recollidos nun Real Decreto de axudas á adaptación ao risco de inundación no tramo afectado polas inundacións en Navarra, Aragón e A Rioxa, que se aprobará nas próximas semanas e cuxo obxectivo é que as edificacións públicas e privadas se adapten ao risco de inundación evitando a entrada de auga nos edificios, os danos en instalacións agropecuarias, etc.