37
A ministra de Asuntos Exteriores di que España e Portugal manteñen contactos diarios a todos os niveis, incluída a presidencia do Goberno. Arancha González anunciou novas restricións para frear a chegada a España de novas cepas da covid. «Fixémolo co Reino Unido e haberá que tomar medidas tamén para evitar a expansión doutras cepas que están aparecendo. Ímolo facer con países de fóra da Unión Europea pero tamén estamos restrinxindo a mobilidade dentro do espazo Schengen. Schengen segue aberto pero hai limitacións á mobilidade, hai limitacións con Portugal e con Francia», di Arancha González Laya, ministra de Asuntos Exteriores.