O Goberno aproba a compra de 2,2 millóns de vacinas de Novavax

O Consello de Ministros aprobou este martes a adquisición adiantada dun total de 2.284.085 dose de vacinas contra a Covid-19 da compañía farmacéutica Novavax, como parte asignada a España na repartición dos primeiros 20 millóns de doses comprometidos coa Unión Europea. As entregas están previstas para finais de 2021 e principios de 2022, a razón de 679.972 dose en novembro de 2021, 810.850 en decembro e 793.263 para xaneiro de 2022. A Comisión Europea estableciu un proceso negociador con Novavax, que permitiu a adopción por parte do Colexio de Comisarios, o pasado 5 de agosto, dun Acordo de adquisición anticipada para o desenvolvemento, produción, opcións prioritarias de adquisición e subministración dunha vacina eficaz contra a COVID-19.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha