O Goberno aproba as taxas Google e Tobin

O Goberno prevé ingresar 968 millóns de euros coa taxa Google

É un imposto para as grandes empresas dixitais que ingresen como mínimo 3 millóns de euros en España, como Amazon, Facebook ou Uber.
Terano que pagar cada tres meses, pero este ano, ante a ameaza de que Estados Unidos impoña novos aranceis aos países que graven as súas tecnolóxicas, só o pagarán en decembro.
O Goberno prevía ingresar 1.200 millóns de euros con esta taxa, agora rebaixa a cifra a 968 millóns.

Recadaranse 832 millóns de euros anuais coa taxa Tobin

Coa taxa Tobin, que grava as grandes transaccións financeiras, o Goberno ingresará 832 millóns de euros cada ano. É un imposto que terán que pagar os bancos por mercar accións de grandes empresas.

O Goberno di que en ningún caso a taxa Google e a taxa Tobin repercutirán nos cidadáns.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha