O Goberno aproba o bono de alugueiro para mozos de ata 35 anos


O Consello de Ministros aprobou o Real Decreto polo que se regula o «Bono Alugueiro Novo» e o Plan Estatal para o Acceso á Vivenda 2022-2025. A ministra de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana, Raquel Sánchez, afirmou que o dereito constitucional á vivenda «está chamado a converterse no quinto piar do estado do benestar» e que a política de vivenda é unha das prioridades do Goberno, especialmente para garantir o seu acceso aos máis novos.

Os Orzamentos Xerais do Estado destinarán neste exercicio 3.290 millóns de euros a políticas de vivenda, o que, segundo a ministra, supón «un salto cuantitativo fronte aos 475 millóns asignados nos orzamentos do anterior goberno».

Pola súa banda, a ministra de Política Territorial e portavoz do Goberno, Isabel Rodríguez reiterou o compromiso do Goberno con iniciativas que, como as de vivenda, «amplían dereitos, melloran a vida da xente e dignifican o seu desenvolvemento».