O Goberno aproba o ingreso mínimo vital para as personas vulnerables

Imaxe da rolda de prensa do ministro de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, José Luis Escrivá_05/05/2020_ Pool Moncloa / Borja Puig de la Bellacasa

  • Máis do 30% das persoas beneficiarias son menores de idade

O Goberno aprobou no Consello de Ministros deste venres o ingreso mínimo vital, unha política social que chegará a 850.000 fogares e beneficiará a preto de 2,3 millóns de persoas, con especial incidencia nos menores. O obxectivo desta medida é erradicar a pobreza extrema.

O ingreso mínimo vital inclúe estratexias de inclusión, en coordinación coas CC. AA. e os concellos, que permitirán que as persoas en vulnerabilidade transiten a unha situación mellor. Estímase que garantirá aos fogares unha renda mínima de entre 5.538 e 12.184 ao ano e sacará da pobreza extrema a 1,6 millóns de persoas. Máis do 30% das persoas beneficiarias son menores de idade.

Esta prestación poderá solicitarse a partir do 15 de xuño e, durante o primeiro mes de vixencia, actuarase de oficio para que se abone a uns 100.000 fogares que cumpren os requisitos, sen que sexa necesario que a soliciten.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha