O Goberno aproba o Proxecto Estratéxico de microelectrónica e semiconductores


O Consello de Ministros aprobou o Proxecto Estratéxico para a Recuperación e Transformación Económica de Microelectrónica e Semiconductores (PERTE Chip), no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. O obxectivo do PERTE Chip, é desenvolver de maneira integral as capacidades de deseño e de produción da industria española de microelectrónica e semiconductores, abarcando toda a cadea de valor, desde o deseño ata a fabricación dos chips, e xerar un efecto multiplicador, non só nos sectores tecnolóxicos, senón sobre o conxunto da industria e da economía, tal e como apuntou a vicepresidenta primeira e ministra de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, Nadia Calviño. Ademais, lembrou que a escaseza de produción de semiconductores en Europa implica unha dependencia de actores situados en Taiwan, Estados Unidos, Corea do Sur, Xapón e China, situación que hai que reverter. Europa lanzou distintos proxectos para alcanzar o 20% da produción mundial no ano 2030.