O Goberno aprobará este sábado un decreto anticrise

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, convocou un Consello de Ministros Extraordinario o vindeiro sábado para aprobar o novo decreto de medidas anticrise, co obxectivo de prorrogar as medidas contra os efectos da inflación e a guerra en Ucraína por tres meses máis e incorporar outras novas. Entre as medidas para prorrogar está a rebaixa de 20 céntimos de euro por litro de combustible, axudas directas a sectores como o transporte, o gandeiro e o lácteo, e a prohibición de subir os alugueiros por encima do 2%. Tamén o incremento do 15% do ingreso mínimo vital, ou o aumento dos beneficiarios do bono eléctrico.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha