O Goberno aprobará o martes a lei que evita que se «privatice» a sanidade pública

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, anunciou este sábado que no Consello de Ministros aprobará o vindeiro martes unha lei para «blindar» a sanidade pública, co fin de que «non se privatice por ningún goberno de dereitas en ningunha comunidade autónoma».

«O próximo Consello de Ministros aprobará unha lei para blindar a cohesión, a equidade e universalidade do Servizo Nacional de Saúde (SNS)», sinalou o xefe do Executivo. Sánchez engadiu que no Consello do martes tamén se dará ‘luz verde’ á ampliación de servizos de Saúde Bucodental, un plan dotado con 44 millóns de euros.

Trátase dunha medida que foi anunciada pola ministra de Sanidade, Carolina Darias, a pasada semana e que beneficiará «de forma especial» a «máis de 7 millóns de persoas».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha