O Goberno atrasa a mesa de diálogo con Cataluña ata despois das eleccións

Pedro Sánchez

  • ERC cualifica este aprazamento de «incumprimento flagrante» do acordo co PSOE e de «irresponsabilidade absoluta»

O Goberno de Pedro Sánchez decidiu aprazar a mesa de diálogo coa Generalitat ata que teñan lugar as eleccións para formar un novo Govern. Así o anunciou A Moncloa nun comunicado no que poñen de manifesto que «Canto antes se celebren as eleccións e haxa novo Govern, antes iniciaremos o diálogo”.

Aínda así, segue en pé a reunión entre Sánchez e Torra despois de que este último anunciase eleccións anticipadas en Cataluña.

ERC considera que o aprazamento da mesa de diálogo, acordada xunto co PSOE para que Pedro Sánchez fose investido como presidente, é un «incumprimento flagrante» do acordo e unha «irresponsabilidade absoluta».