O Goberno autoriza o peche da central das Pontes e impulsa a súa reconversión

O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) autorizou a solicitude de peche da central termoeléctrica das Pontes, presentada pola empresa propietaria, Endesa, e tras o informe favorable de Rede Eléctrica de España (REE) sobre a compatibilidade do peche coa seguridade de subministración do sistema eléctrico.

Nun informe previo, e nun contexto de «tensión» nos mercados enerxéticos causada pola invasión de Ucraína, REE xa contemplaba o peche de dous grupos da central, mentres que os outros dous poderían pecharse de forma condicionada á dispoñibilidade de potencia.

Agora, «tras a estabilización destes mercados», REE emitiu un novo informe que constata a compatibilidade do peche coa seguridade de subministración eléctrica, polo que, segundo indicou o MITECO, os plans para a reconversión industrial da zona prevén un investimento superior a 2.500 millóns de euros e xerarían máis de 1.300 empregos directos, apoiando unha transición xusta.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha