O Goberno busca novas iniciativas para afrontar o Reto Demográfico

A vicepresidenta e ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Teresa Ribera, durante a súa comparecencia tras a reunión da Comisión Delegada do Goberno para o Reto Demográfico_Pool Moncloa/Fernando Calvo

  • Optarase por simplificar os trámites administrativos para facilitar a actividade económica nas zonas afectadas polo despoboamento

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, presidiu este venres a Comisión Delegada para o Reto Demográfico, á que asistiron outros trece membros do Gabinete, na que se expuxeron as primeiras medidas para loitar contra o despoboamento e ofrecer oportunidades de desenvolvemento no ámbito rural.

«Traballamos para evitar un país que avance a diferentes velocidades e para non deixar a ninguén atrás», afirmou a vicepresidenta e ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Teresa Ribera, tras a reunión, celebrada na Adega Institucional de La Grajera, na Rioxa.

Os traballos da Comisión Delegada do Goberno complementaranse cos de administracións autonómicas e locais, sociedade civil e a colaboración público-privada que, conxuntamente, conducirán á aprobación da Estratexia Nacional fronte ao Reto Demográfico na próxima Conferencia de Presidencias.

Primeiras liñas de traballo
A Comisión expuxo varias iniciativas como facilitar a relación dos cidadáns coas administracións, simplificar trámites administrativos para facilitar o emprendemento e a actividade económica nas zonas afectadas polo despoboamento, ou promocionar proxectos de innovación desde a colaboración público-privada.

Entre elas, o impulso dun Estatuto Básico dos Pequenos Municipios; unha análise para a posible descentralización de centros de referencia da administración pública; a universalización da cobertura de banda ancha de 30 Mbps en liña co obxectivo da Axenda Dixital Europea; ou a creación de incentivos e medidas de discriminación positiva nas axudas á rehabilitación para a mellora da eficiencia enerxética e o fomento de instalacións de autoconsumo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha