O Goberno carballés propoñerá no Pleno do luns investir 1,3 millóns nas parroquias

1 minutes read

Unha das propostas que presentará o goberno municipal no pleno ordinario de setembro é a modificación orzamentaria precisa para investir os 1,3 millóns de superávit resultante da liquidación do presuposto do ano 2018. O executivo que preside Evencio Ferrero defende que esa cantidade se destine de maneira íntegra á mellora dos servizos públicos nas parroquias, atendendo, ademais, peticións emanadas dos consellos parroquiais, tal como explicaron este venres o propio alcalde e a concelleira de Contratación e Planificación, Milagros Lantes.

No pleno deste luns tamén terán cabida as seguintes mocións presentadas pola oposición:

  • Moción do grupo municipal TEGA para a concesión demanial directa sobre os campos de fútbol “As Eiroas” e “O Carral”, aos clubes” Bergantiños FC” e “SD Sofán”.
  • Moción do grupo municipal PP para reclamar ao Goberno de España a transferencia ás Entidades Locais dos recursos derivados da participación en ingresos do Estado, e outra moción máis relativa a reclamar ao Goberno de España da aprobación do “Plan Integral de Alzheimer 2019-2022”.
  • Moción do grupo municipal PSdeG-PSOE relativa á organización e regulamentación para a participación dos membros da Corporación Municipal en todos os actos públicos e oficiais nos que deba estar representado o Concello, e outra moción máis relativa á organización e regulamentación para a adhesión do Concello de Carballo como “Cidade Amiga da Infancia”.