A ministra de Política Territorial e Voceira do Gobierno subliñou a importancia das empresas que participan no Plan Allen “polo seu compromiso social, iniciado nun momento difícil pero que agora cobra mesmo máis sentido que antes”. Isabel Rodríguez destacou o pronunciamento da Comisión Europea que “consolidou a España como a economía que máis crecerá no ano 2023. Melloraron as nosas previsións, entre outras razóns, porque mostramos a fortaleza como país”. A ministra, quixo poñer en valor, unha vez máis, a “os traballadores e traballadoras que son tan importantes para as empresas. Hai que recoñecer o traballo que achega o capital humano ao desenvolvemento dos nosos proxectos empresariais. Por iso, queremos aproveitar os Fondos de Recuperación non só para facer as grandes transformacións económicas e industriais, queremos utilizar os Fondos para mellorar o talento do noso país”, concluíu.