O Goberno central asina varios convenios de reabilitación en 22 concellos galegos

Vivendas en Santiago de Compostela_Carmen Carbonell_PIXABAY

O Ministerio de Vivenda e a Xunta asinaron 40 convenios para rehabilitar vivendas e edificios en 22 concellos galegos. As dúas administracións achegan 10 millóns de euros, que permitirán renovar 1.125 edificacións. Cada municipio poderá convocar axudas de ata 24.000 euros dirixidas a propietarios de vivendas e edificios que estean nunha Área de Rehabilitación Integral. 

Desde o Goberno insisten no seu compromiso coas políticas activas de vivenda. E piden o apoio das comunidades para aprobar a primeira Lei de Vivenda de España, que chegará ás Cortes antes de que acabe este ano. Raquel Sánchez, ministra de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, di que é “unha lei coa que protexemos as persoas, os inquilinos e os propietarios”. E insiste, “por iso insisto, suplico e pido aos diferentes partidos e ás comunidades que non pechen a porta a esta lei”.