O Goberno consegue reducir o paro por baixo dos tres millóns por primeira vez desde 2008


O número de persoas desempregadas rexistradas nas oficinas do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) ao termo de maio de 2020 é de 2.922.991. Trátase da cifra máis baixa desde novembro de 2008, ao comezo da crise financeira. O total de parados e paradas non descendía dos tres millóns desde decembro de 2008. No mes de maio o paro reduciuse en 99.512 persoas (-3,29%) nun contexto de gran incerteza internacional. Respecto a maio de 2021, o total de desempregados e desempregadas descendeu en 858.259 persoas (-22,7%). O número total de contratos rexistrados durante o mes de maio foi de 1.640.595. Supón unha subida de 95.287 (6,17%) sobre o mesmo mes do ano 2021, e asináronse 730.427 novos contratos indefinidos, a cifra máis alta en calquera mes da serie histórica. O paro rexistrado baixa en todas as comunidades autónomas, respecto a maio de 2021, especialmente en Baleares (-52%), en Canarias (-30%) e en Cataluña (-28%).