O Goberno coruñés impulsa a renovación dos parques infantís de toda a cidade


A alcaldesa, Inés Rey, anunciou a posta en marcha dunha actuación integral de renovación dos parques infantís da cidade. “Queremos que os 139 espazos de lecer que temos na cidade estean en condicións e cumpran coa normativa de accesibilidade”, dixo.

Lembrou que desde o inicio do mandato renováronse 12 parques infantís, creáronse dous novos, Breogán e Zapateira, e comezáronse as obras para o novo parque infantil de San Vicente de Elviña, investíndose en total 1,6 millóns de euros. Coa entrada en vigor do contrato de mellora de áreas infantís por valor de un millón de euros abordaranse actuacións no parque de Oza Maastricht, parque Europa, na Mariña ou a ampliación da área de Alcaldesa Berta Tapia. Ademais, está previsto a construción de dúas zonas infantís novas en A Silva e Xuxán.

O obxectivo, dixo, é que todos os barrios da cidade conten con espazos infantís modernos, seguros e accesibles e, por este motivo, estamos a traballar coa Fundación Abrente para a elaboración dunha guía de accesibilidade de parques infantís en formato electrónico onde os pais poderán consultar as instalacións, xogos, materiais e o seu grao de accesibilidade.