O Goberno de Carballo retomará en setembro os consellos parroquiais

Cedida.

Nestes momentos están constituídos 16 consellos parroquiais, nos que a veciñanza participa de xeito directo, xa que as reunións son abertas, e indirecto, posto que antes da reunión cos representantes municipais é habitual que a veciñanza celebre xuntanzas para recoller as propostas que despois serán trasladadas ao Concello de Carballo.

As reunións estiveron paralizadas durante a pandemia, pero este ano retomáronse coa intención de mantelas sen interrupcións. As sesións celébranse os martes e os xoves ás 20.00 horas. O calendario provisional para o mes de setembro é o seguinte:  

  • Día 6, Oza 
  • Día 8, Sofán 
  • Día 13, Aldemunde 
  • Día 15, Razo 
  • Día 27, Cances 
  • Día 29, Artes  Nos consellos parroquiais participan o alcalde, Evencio Ferrero, e representantes de todos os grupos políticos municipais. Por parte da veciñanza hai participación do movemento asociativo, aínda que as portas están abertas a aquelas persoas que queiran sumarse a título individual. O obxectivo destes órganos de participación veciñal é recoller as propostas da cidadanía para telas en conta á hora de decidir sobre o investimento dos fondos públicos en cada lugar. 

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha