O Goberno de España e as comunidades apostan por un regreso presencial ás aulas


O Goberno de España e as comunidades e cidades autónomas apostan pola máxima presencialidad na volta das aulas o próximo día 10 cando se retoma o curso escolar.

Así se acordou na reunión extraordinaria do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde (CISNS) xunto coa Conferencia Sectorial de Educación e a Conferencia Xeral de Política Universitaria, como o explicaron na rolda de prensa tras este encontro a ministra de Sanidade, Carolina Darias; a ministra de Educación e Formación Profesional, Pilar Alegría; e o ministro de Universidades, Joan Subirats.

Todos eles remarcaron que, neste tempo de pandemia, a presencialidade nas aulas foi un éxito en todos os niveis educativos. Tanto os ministerios implicados como as consellerías autonómicas puxeron en valor que as aulas foron durante toda a pandemia lugares seguros onde se mantiveron de forma óptima as medidas de control.

Hai que lembrar que os datos de contaxios nas aulas no sistema educativo non universitario mantivéronse durante todo o curso escolar cun número de aulas en corentena por baixo do 0,5%.