O Goberno de España presenta en Vigo 600 millóns para a rehabilitación de edificios públicos

1 minutes read

Abel Caballero, e a Ministra de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana, Raquel Sánchez, xunto co Director Xeral de Axenda Urbana e Arquitectura, Iñaki Carnicero, presentaron en Vigo a convocatoria para a concesión de axudas destinadas á rehabilitación de edificios públicos de titularidade municipal e que estean ou vaian estar destinados a un uso público (programa e convocatoria que se publicaron este venres no BOE).

Cunha dotación de 600 millóns de euros, trátase de axudas procedentes do fondo europeo asignado ao Mecanismo de para a Recuperación e a Resiliencia (MRR) destinadas a financiar actuacións que, no marco dunha rehabilitación integral, garantan o cumprimento dos requisitos establecidos polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR).

Para Raquel Sánchez, os proxectos locais farán posible rehabilitar edificios de moita antigüidade e con moitas deficiencias enerxéticas, e adecualos aos estándares comprometidos.

Caballero, subliñou que as actuacións contempladas van significar eficiencia, aforro enerxético, mellor aproveitamento dos espazos e racionalidade arquitectónica, e engadiu que se trata de “unha cifra moi significativa, 600 millóns de euros”.