O goberno de Muxía anunciou o inicio das obras do abastecemento de auga a Suxo

O equipo de goberno do Concello de Muxía anunciou en Suxo, rodeado de numerosos veciños e veciñas, o inicio das obras para a creación da rede de abastecemento de auga potable na zona. A xuntanza contou cunha gran afluencia de xente e nela, o equipo de goberno resolveu dúbidas e explicou polo miúdo o proceso no que está inmersa a obra.

Así, o alcalde, Iago Toba, e os concelleiros, Olalla Benlloch e Javier Romar, deron “as grazas a toda a veciñanza por ter confiando no labor deste equipo de tres persoas e tamén por demostrar que despois de décadas de promesas incumpridas, por parte de diferentes mandatos anteriores con maioría absoluta, foi este goberno o que conseguiu facer realidade este gran proxecto”.

Instaladas as casetas de obra

A empresa concesionaria xa instalou as casetas de obra e durante os vindeiros días continuará chegando á zona toda a maquinaria pertinente para comezar co inicio da intervención.

“Hoxe damos o derradeiro paso para satisfacer unha demanda histórica da veciñanza de Suxo. É un orgullo ver como se cumpren promesas e obxectivos con feitos e tras centos de horas de traballo, reunións e permisos”, destacou Toba que tamén quixo lembrar “o apoio e o cariño recibido por parte dos veciños e veciñas cando o proxecto padecía as trabas e os obstáculos da oposición no momento da súa aprobación en pleno”.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha