- Pídelle ao PP de Muxía que deixe de facer política coa estrada
O grupo de goberno de Muxía emitiu un comunicado expresando o «continuo seguimento» das obras da estrada do Faro Touriñán e ten garantías, por parte da empresa constructora e da autoridade portuaria, de que se realizarán as reparacións pertinentes.
Segundo a executiva local, os problemas na intervención xurdiron polas malas condicións meteorolóxicas durante o último tramo de execución, motivo polo que se decidiu suspender temporalmente as obras.
O equipo de goberno, en coordinación coa alcaldesa de Cee, Margarita Lamela, mantén en todo momento un contacto permanente con autoridade portuaria, institución responsable da obra, e coa empresa executora.
Acusacións do PP de Muxía
O alcalde muxián, Iago Toba, aclarou que “o grupo municipal do PP tamén é parte interesada desta obra e, no canto de facer unha crítica constructiva, non se interesou por saber a verdade e contrastar a información coa autoridade portuaria».
Desde o equipo de goberno de Muxía piden aos populares que deixen de «facer política con esta estrada» e que sigan «velando polos intereses de todos os muxiáns e muxiás”.