O goberno de Muxía asegura que se vai a reparar o tramo afectado na estrada do Faro Touriñán

1 minutes read
  • Pídelle ao PP de Muxía que deixe de facer política coa estrada

O grupo de goberno de Muxía emitiu un comunicado expresando o «continuo seguimento» das obras da estrada do Faro Touriñán e ten garantías, por parte da empresa constructora e da autoridade portuaria, de que se realizarán as reparacións pertinentes.

Segundo a executiva local, os problemas na intervención xurdiron polas malas condicións meteorolóxicas durante o último tramo de execución, motivo polo que se decidiu suspender temporalmente as obras.

O equipo de goberno, en coordinación coa alcaldesa de Cee, Margarita Lamela, mantén en todo momento un contacto permanente con autoridade portuaria, institución responsable da obra, e coa empresa executora.

Acusacións do PP de Muxía

O alcalde muxián, Iago Toba, aclarou que “o grupo municipal do PP tamén é parte interesada desta obra e, no canto de facer unha crítica constructiva, non se interesou por saber a verdade e contrastar a información coa autoridade portuaria».

Desde o equipo de goberno de Muxía piden aos populares que deixen de «facer política con esta estrada» e que sigan «velando polos intereses de todos os muxiáns e muxiás”.